24 de marzo de 2018.

Ante a decisión do instrutor da Sala Segunda do Tribunal Supremo no caso seguido por delitos de rebelión e sedición contra distintas persoas e cargos políticos, participa á opinión pública que:

1. Sen prexuízo do respecto ás decisións xudiciais, pero facendo uso do dereito á crítica das mesmas, non comparte e rexeita de plano a medida de prisión provisional incondicional e sen fianza de Jordi Turull, Josep Rull, Carme Forcadell, Dolors Bassa e Raül Romeva.

2. Non comparte a forma, pouco respectuosa co que debe ser un proceso con todas as garantías, no que o xuíz Llarena está levando a instrucción do caso na Sala Segunda do Tribunal Supremo, ao non respectarse o dereito de defensa dos procesados. E que, sen dúbida, producirá graves consecuencias no futuro para a credibilidade da Xustiza no estado español.

3. Está en profundo desacordo coa forma en que se produciu a citación das cinco persoas mencionadas, con preanuncio de prisión provisional incluído, ao convocarlles para a adopción de medidas desa natureza fixadas no artículo 505 da Lei de Axuizamento Criminal.

4. Como consecuencia desa forma de citación, cunha urxencia impropia dos prazos procesuais que garantan a posibilidade de defenderse axeitadamente, unha das procesadas, Marta Rovira, non compareceu.

5. Esta medida interferiu de forma grave e definitiva no Parlament de Catalunya cando se achaba en pleno debate de investidura do President da Generalitat.

6. O anuncio da citación para practicar a comparecencia do artícu 505 foi decidida de motu propio polo instrutor, sen que ningunha das partes o reclamase nese momento procesual, co cal quebrantoou o principio acusatorio e suxeriu a vindeira medida, co impacto político inmediato no Parlament e o normal desenvolvemento da investidura.

7. Producida a fuxida dunha das procesadas, quenes sí compareceron voluntariamente, sen intención de fuxir e nalgún caso coa previa renuncia ao escano para evitar calquera indicio de imputación de reiteración delituosa, con medidas previas sinaladas polo mesmo xuíz instrutor e coa causa prácticamente concluída, víronse sorprendidos cunha prisión provisional infundada, inxustificada, desproporcionada e innecesaria.

8. Por todo o anterior, non se entenden en ningún caso estas decisións respecto da situación persoal de persoas que carecen de antecedentes, que non poden entorpecer a investigación e que só a base de presuncións pódese aceptar a posibilidade de reiteración delituosa.

9. Estas decisións quebrantan o dereito á liberdade dos procesados e convértense nun adianto da pena que puidese corresponderlles, co que se desnaturaliza o propio concepto de prisión provisional legal e jurisprudencialmente fixado e consolidado.

10. Actúa considera necesaria unha urxente modificación da norma procesual que inclúa a regulación do novo modelo de instrucción penal e do xuíz de garantías ante os rictus de parcialidade na instrucción das causas criminais.

11. Actúa tamén estima imprescindible iniciar unha profunda reflexión sobre a competencia instrutora nos casos de aforamentos e a capacidade de instrucción da Sala Segunda do Tribunal Supremo.

Diversos xuristas, catedráticos, intelectuais e activistas políticos promoven Actúa e fano a partir dun chamamento titulado “Por unha política para o cambio”.

Mais información nas web http://www.actua.digital e http://www.actua.gal

A %d blogueros les gusta esto: