Un estado que non inviste en investigación e desenvolvemento é un estado condenado á dependencia, á subordinación, a unha acentuación das desigualdades sociais, á non resolución dos grandes problemas…

A miúdo teremos escoitado nos tempos electorais promesas dun e doutro lado en relación á investigación, á tecnoloxía ou a innovación, falamos de cambio de modelo produtivo para abandonar o sol e o ladrillo, pero a realidade é que é un camiño pouco rendible electoralmente falando, pois estas mudanzas esixen anos ou décadas de traballo e investimentos.

O modelo produtivo sobre o que ten descansado o desenvolvemento económico e social do estado durante as últimas tres décadas, baseado en actividades que non permitían o pleno aproveitamento do talento dispoñible tales coma o sector turístico, cunha forte compoñente estacional, a construción, e un tecido empresarial que perde competitividade, con niveis de produtividade baixos nun mercado onde a subcontratación, consecuencia dunha globalización do mercado limita os beneficios, e que salvo excepcións de empresas que se teñen convertido en punteiras a nivel mundial, sumado a este período de crise, non permite albiscar un cambio significativo cara un tecido empresarial mais competitivo.

Cun crecemento interanual do 0,7% en 2016, ou, en números concretos, 132.60 millóns de euros, o I+D no estado español sigue a perder peso con niveis de fai dez anos con respecto ó PIB. Se o exercicio de 2015 saldouse cun crecemento do 2,7% estamos a ver que a desaceleración en investimento é unha tónica que se sucede por sexto ano consecutivo cunha evolución por baixo do PIB, asemade ese crecemento prodúcese unicamente no sector privado que, aínda que sigue medrando por debaixo do PIB, acelérase, pasando do 2% no 2015 ó 3% no 2016. Pola contra, a inversión realizada polo sector público cae un 2%. O resumo é que o estado español inviste un 9,1% menos en I+D que, no 2009, mentres que a UE no seu conxunto inviste un 27,4% mais.

O goberno do Partido Popular, cas súas políticas, está a contribuír, senón a acentuar o enquistamento dun modelo produtivo de elevado risco que nos deixa á cola de Europa. A tecnoloxía que non sexamos quen de inventar e desenrolar no estado español teremos que adquirila a terceiros nun futuro.

Esta caída na inversión de I+D vese tamén no espello do número de Patentes rexistradas na oficina española de Patentes e Marcas que en 2017 descendeu un 19,8% ata as 2.285 co que se acumulan xa nove anos consecutivos de baixadas. Trátase esta caída da maior rexistrada en anos anteriores, cando as solicitudes descenderon un 2% en 2016 e un 5% en anos previos. Apenas hai cinco comunidades autónomas que han aumentaron as cifras con respecto a 2016: A Rioxa, Baleares, Navarra, Aragón y Castela e León. No lado contrario, Asturias e Estremadura solicitaron a metade de patentes en 2017 que no ano anterior. En Andalucía, o descenso foi do 33,4%, mentres que na Comunidade Valenciana caeron un 29%, en Murcia un 26%, en Galicia e en Cataluña un 22%, en Canarias un 19,6% e en Madrid un 16,8%. Pola súa banda, os menores descensos rexistráronse no País Vasco (13%), Castela-A Mancha (10,7%) e Cantabria (6,7%).

O recurso principal para xerar desenvolvemento sostible e crecemento nun país é a investigación científica, un medio que extrae o valor do coñecemento para aplicalo dentro dos distintos sectores. Unha aposta decidida polo I+D provoca unha maior produtividade científica e tecnolóxica, e polo tanto un maior número de produtos de alto valor engadido susceptibles de ser patentados.

Deberíamos entón preguntarnos seriamente se eses que agora enarboran a bandeira da unidade dun grande estado, os que nos gobernan e que son os mesmos que nos están levando á cola do continente europeo son realmente o que din ser.

Xabier Garaloces

Coordinador de relacións institucionais de Xuntos Actúa – Director Industrial

A %d blogueros les gusta esto: